CRTVG

Buscar

Seis mortos no incendio máis devastador da historia de California

Publicado o 24/08/2020 20:47

Donald Trump declarou zona catastrófica sete condados afectados por un incendio que avanza descontrolado en máis de 560 frontes activas e que ata o momento acabou xa con seis vidas e obrigou a evacuar duascentas mil persoas.

Está previsto que nas próximas horas se unan equipos especializados do Canadá e Australia aos máis de 13.700 bombeiros que traballan por terra e aire para tentar parar un incendio que destruíu xa 700 vivendas. Hai uns días, dous bombeiros que quedaran cercados polo lume tiveron que ser rescatados coa axuda dun helicóptero.

Os múltiples focos foron causados na súa maioría por raios e pola forte vaga de calor que afecta a rexión, onde se prevé que a situación empeore nos próximos días, coa chegada de máis tormentas eléctricas e fortes refachos de vento.

Noticias web

24/08/2020