CRTVG

Buscar

Seis mortos e trinta e tres contaxiados no gromo dun edificio de Bilbao

Publicado o 09/02/2021 14:32

En xaneiro detectaron o coronavirus nun edificio de Bilbao de 16 andares con máis de sesenta vivendas. Agora xa son seis os mortos e 33 os contaxios confirmados por causa deste gromo. A última vítima confirmouse luns; a primeira, o 21 de xaneiro.

Entre os falecidos están dous irmáns de máis de setenta anos, outra veciña que morreu no hospital e unha muller de 85 anos e mais o seu fillo. 

O edificio do barrio de Santutxu foi desinfectado pola comunidade de veciños. Hai varias hipóteses do que puido pasar, dende un supercontaxiador que usara moito os ascensores, ata a deficiente ventilación ou á presenza do virus nas zonas comúns. 

O portal contiguo tamén foi desinfectado. A alarma prendeu no barrio. No bloque afectado pídenlles aos veciños que non toquen directamente nin botóns nin pasamáns e que usen o ascensor de maneira individual. Tamén están tentando manter as ventás abertas o máximo para ventilar ben as zonas comúns.

 

Noticias web

09/02/2021