CRTVG

Buscar

Seis militares da Brilat reciben a Cruz do Mérito Militar por evitar un masacre en Malí

Publicado o 10/09/2019 16:35

Seis soldados da Brilat que participaron nunha misión en Malí foron condecorados esta mañá na base General Morillo de Pontevedra. Recibiron a Cruz ao Mérito Militar por evitar un masacre durante un ataque terrorista.

O pasado mes de febreiro o centro de adestramento de Kuolikoro, en Malí, onde foi desplegado o contixente militar español foi obxectivo dun ataque terrorista con dous coches bomba e armas. A rápida actuación dos soldados da Brigada Galicia VII evitaron que o número de vítimas, tres falecidos e dous feridos, fora maior.

Os militares estaban de garda esa noite e responderon ao ataque xunto a soldados malianos. A base General Morillo de Pontevedra acolleu o acto de imposición de condecoracións aos seis soldados. A ministra de Defensa en funcións presidiu o acto, acompañada por outras autoridades.

En Malí, a Brilat realizaba tareas de colaboración co exército do país nunha misión en loita contra o xihadismo e contaba con arredor de 150 membros nas instalaciones da base.



 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/09/2019