Seis fotógrafos comparten nunha exposición en liña as distintas caras do confinamento
Publicado o 26/05/2020 16:24
Tres fotógrafos e tres fotógrafas, seis olladas a unha mesma realidade, o confinamento, mais dende distintas perspectivas.
Con tres heridas yo, toma os célebres versos que o poeta Miguel Hernández escribiu no cárcere onde morreu para retratar a solidariedade, a soidade, o lento pasar dos días e gran vulnerabilidade
destes tempos de pandemia, pero tamén a esperanza.
Olmo Calvo, Rubén H. Bermúdez, Edu León, Roberta Marrero, Isabel Permuy e Judith Prat comparten a súa experiencia na web do Museo Raíña Sofía, para capturar as feridas do amor, da vida e da morte.