CRTVG

Buscar

Seis feridos, un deles moi grave, nunha explosión dun edificio en Milán

Publicado o 12/09/2020 12:45

Unha persoa resultou con queimaduras graves e outras seis con feridas de diversa consideración na explosión dunha planta baixa dun edificio de dez pisos en Milán. O corpo de bombeiros cre que a causa da deflagración, que afectou tres pisos do inmoble, foi unha fuga de gas.

A explosión producíuse ás sete da mañá deste sábado e os equipos de rescate buscan dous inquilinos dos que non se coñece o paradoiro, aínda que pode que non estivesen no edificio. As autoridades cortaron o gas en toda a zona.

Noticias web

12/09/2020