CRTVG

Buscar

Seis familias desaloxadas por un incendio na parroquia ferrolá de Covas

Publicado o 21/04/2017 13:54

O lume iniciouse na zona de Baltar, no concello de Narón, e propagouse a Covas, chegando a ter cinco quilómetros de fronte activa

Esta mañá, os veciños de Covas, que foron desaloxados nas últimas horas das súas casas por mor dun incendio forestal, xa estaban máis tranquilos. Porén din que ao caer a noite viviron momentos de moita angustia e medo porque vían como as lapas se estaban achegando ás súas casas.

Malia que os afectados se puxeron a salvo en casas de familiares e doutros veciños, contan que pasaron a noite en vela e moi nerviosos.

Serafín é outro dos veciños afectados. Esta mañá quixo comprobar 'in situ' como as lapas lle devoraron o seu monte.

Contra o mediodía, o nivel de alerta 2 por proximidade a vivendas xa baixou a 1, pero polo momento os veciños afectados non saben cando poderán volver ás súas vivendas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/04/2017