CRTVG

Buscar

Seis falecementos elevan a 2.342 as mortes pola covid−19 en Galicia

Publicado o 30/03/2021 20:13
Seis falecementos elevan a 2.342 as mortes pola covid−19 en Galicia

Seis novas mortes notificadas este martes de persoas que contraeron a covid−19 elevan a 2.342 os falecementos por este motivo en Galicia desde o inicio da pandemia.

O Sergas comunicou que nesta xornada morreu unha muller de 84 anos no hospital Vithas Fátima de Vigo. E na véspera, un home de 84 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI), unha muller de 94 no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (CHOP), un home de 70 en Povisa, un home de 77 no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC) e un home de 64 no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS).

Todas estas persoas tiñan patoloxías previas, indica Sanidade. 

Noticias web

30/03/2021