CRTVG

Buscar

Seis ex-concelleiros do PP en Ourense declaran por presunta prevaricación e malversación

Publicado o 23/05/2019 16:02

Seis ex-concelleiros do Partido Popular en Ourense, edís hai 16 anos, comparecen nos xulgados polo caso da exención do 10 por cento do aproveitamento urbanístico. A xuíza investiga un presunto delito de malversación e prevaricación polos cartos que deixou de ingresar o Concello.

O caso foi denunciado pola ex-edil socialista Áurea Soto. Os ex-edís defenderon que sempre actuaron seguindo os informes técnicos e en base a un acordo plenario da época socialista.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/05/2019