CRTVG

Buscar

Seis evacuados ao hospital tras arder unha casa en Baralla

Publicado o 17/01/2021 13:24

E no concello de Baralla foi unha madrugada moi complicada para os veciños dunha vivenda da Revolta, na parroquia de Penarrubia.
Os seis ocupantes desta casa tiveron que sar trasladados ao hospital Universitario Lucus Augusti. No momento do incendio estaban no seu interior tres adultos e tres nenos, que foron evacuados por inhalación e queimaduras.

Os servizos de emerxencia recibiron unha chamada ás cinco e media da madrugada alertando de que unha casa estaba ardendo. En poucos minutos mobilizáronse efectivos do 061, bombeiros de Sarria e membros do GES de Becerreá e Baralla.

Tamén participaron no operativo varios axentes da Garda Civil. Os equipos desprazados ao lugar conseguiron poñer fora de perigo aos seis ocupantes da vivenda, que foron trasladados ao hospital para atendelos por queimaduras e inhalación de fume.

Noticias web

17/01/2021