CRTVG

Buscar

Seis equipos femininos, na liga galega de traiñeiras

Publicado o 28/06/2019 20:43

E arranca a temporada galega de traiñeiras. A liga feminina dá un salto de calidade. Haberá seis tripulacións e oito regatas. E os premios equipáranse ao ámbito masculino.

De todas as traiñeiras que compiten, Ares sae como unha das grandes favoritas para ser campioa. Pois falemos dese duelo Tirán-Meira. Meira foi o campión das últimas dúas ligas. Pero perdeu este ano watts, perdeu remeiros titulares moi físicos. Reinventouse.

Un deses rivais será Tirán. Baixou da ACT. Vive un cambio de ciclo. Xente aínda con pouca experiencia. Ares, Tirán, Meira, Mecos e Bueu, os grandes candidatos a conquistar a liga galega.

Noticias web

28/06/2019