Seis dos 33 veciños dunha parroquia de Pedrafita, positivos en covid-19
Publicado o 16/08/2020 21:21
Jorge é un dos 27 veciños de Fonfría que deu negativo nas probas que lles fixeron onte. Os outros seis deron positivo.
Fonfría é unha aldea pequena, pero situada no medio do Camiño de Santiago, co cal hai dúas casas de turismo rural, tres queixerías, unha palloza-restaurante, un albergue funcionando e outro para abrir.
Miguel Ángel é o dono do albergue, que, ata hoxe que pechou, tiña permitido funcionar ao cincuenta por cento.
Senten que estiveron ben atendidos, xa que as probas fixéronllelas moi axiña, pero están un pouco desorientados sobre se están confinados ou se poden abrir os negocios, como nos comenta Fidel, o dono dunha queixería.
Nunha casa hai tres positivos e noutras tres casas de Fonfría hai un positivo en cada unha.