CRTVG

Buscar

Seis detidos por roubo nun poboado xitano nas inmediacións de Ourense

Publicado o 25/03/2021 14:13
Seis detidos por roubo nun poboado xitano nas inmediacións de Ourense

Máis de 40 axentes da Garda Civil irromperon á primeira hora da mañá nun poboado xitano nas inmediciacións de Ourense. Hai seis persoas detidas, todas supostamente relacionadas con varios delitos de roubo con forza en vivenda habitada.

A operación está baixo segredo de sumario, unha investigación criminal da Garda Civil que comezaba o mércores e que sorprendeu os veciños da zona. No poboado dedícanse á venda de chatarra e, segundo eles, nunca protagonizaran ningún altercado. A investigación continúa aberta e non se desbotan novas detencións nas próximas horas.

Noticias web

25/03/2021