CRTVG

Buscar

Un morto por unha bala perdida e seis detidos nun tiroteo entre clans en Málaga

Publicado o 06/02/2020 10:55

A Policía Nacional detivo seis persoas pola súa suposta participación nun tiroteo rexistrado esta noite en Málaga e en que morreu unha persoa.

A vítima, un home de 74 anos, que non participaba na liorta, foi alcanzado por unha bala perdida durante unha liorta entre dúas familias veciñas. O tiroteo ocorreu esta pasada noite nun barrio do norte da cidade de Málaga.

Algunhas testemuñas din que saíu ao balcón cando escoitou o tiroteo e outras que a bala o alcanzou dentro da vivenda.

"Aquí corría todo o mundo, escoitábase á policía e berros, moitos berros. E xa está. Un ambiente, a verdade, de case terror".

A policía xa detivo seis persoas pola súa presunta participación no tiroteo. Todas elas permanecen nos calabozos da comisaría malagueña á espera de pasaren a disposición xudicial.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí