CRTVG

Buscar

Seis detidos nunha operación antidroga en Avilés

Publicado o 09/08/2019 10:20

A policía desenvolveu en Asturias un amplo dispositivo antidroga en que interceptaron varios coches de gama alta e grandes cantidades de diñeiro.

Máis de cen policías despregáronse no barrio de La Reguera de Llaranes e, axudados por cans adestrados na busca de drogas, rexistraron seis vivendas. No patio dunha delas estaban aparcados a maior parte da ducia de coches requisados. A policía tamén requisou substancias estupefacientes.

Polo de agora hai seis persoas detidas, que pasarán a disposición xudicial nas próximas horas.




 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/08/2019