CRTVG

Buscar

Deteñen seis persoas en Ourense por participar nunha liorta de madrugada

Publicado o 29/09/2021 14:09

Foi unha liorta multitudinaria en que había dous bandos encarados, agredíndose con todo o que atopaban por diante. Tiñan feridas incisivas nas costas e os dous tiveron que ser hospitalizados e intervidos cirurxicamente.

A Policía Nacional de Ourense levou a cabo unha investigación e conseguiu deter seis homes, todos menores de 30 anos, por participar nesta violenta liorta e dous deles a maiores por outro delito de lesións graves.

Dous dos seis detidos pasaron a disposición xudicial e quedaron en liberdade á espera de xuízo. Os dous mozos feridos graves non foron detidos por estar convalecentes.

 

Noticias web

29/09/2021