Seis concellos galegos celebran esta noite as probas piloto das verbenas
En seis concellos galegos arrancaron seste sábado pola noite cadansúa proba piloto das verbenas. Seis orquestras amenízanlles a noite aos asistentes que participan nestes espectáculos ao aire libre. En Noia, Arteixo, Mondoñedo, O Carballino, Tomiño e Marín volveron os bailes, iso si, entre conviventes e con máscara.
En Mondoñedo 1.000 persoas gozaron da actuación da orquestra Principal na Alameda. Os Satélites actuaron tamén ante 1.000 persoas no campo de fútbol de Ponte dos Brozos en Arteixo.
En Noia grupos de ata catro persoas para ver a orquestra Costa Dorada na explanada de labarta no paseo marítimo. En Tomiño os participantes na experiencia deberon de permanecer de pé e facer uso das máscaras en todo momento.
En Marín o concello habilitou 167 parcelas de 12 metros cadrados para 6 persoas para seguir a actuación da orquestra.
Así foi a experiencia de volver á festa, aínda que sexa de proba. Con medidas de seguridade, cumprindo o protocolo para buscar a volta Á normalidade.