CRTVG

Buscar

Seis casos levan a Beade a nivel extremo de restricións xunto a Maside

Publicado o 24/03/2021 14:49

A nova non causou demasiada sorpresa en Beade, logo de rexistrárense seis positivos, todos dunha mesa familia, nun concello con apenas 380 habitantes. Por iso toman do mellor xeito posible a súa entrada no nivel máximo de restricións a partir do venres.

Os veciños din que Beade é un concello moi cativo e que dependen moito dos desprazamentos a outras localidades para cousas básicas.

Os hostaleiros serán dos máis afectados, xa que só poderán servir para levar ou a domicilio. Algúns non o entenden.

Beade incorpórase a un nivel máximo de restricións no que se mantén outro concello ourensán, o de Maside, con 11 casos. En ambos os dous prohíbense as xuntanzas de persoas non conviventes. 

Noticias web

24/03/2021