CRTVG

Buscar

Seis anos de cárcere para un home que abusou da filla da súa parella en Ourense

Publicado o 14/02/2019 19:26
Seis anos de cárcere para un home que abusou da filla da súa parella en Ourense

A sección segunda da Audiencia Provincial de Ourense condenou a seis anos de cárcere un home por abusar sexualmente da filla da súa parella en once ocasións na vivenda familiar, cando a menor tiña 13 anos.

O tribunal tamén lle impuxo o aboamento dunha indemnización de 3.000 euros, así como cinco anos de liberdade vixiada con posterioridade ao cumprimento da pena privativa de liberdade e, durante ese período, a prohibición de comunicarse e aproximarse á afectada.

Ademais, o sospeitoso foi inhabilitado durante cinco anos para o exercicio de profesión ou oficio que implique un contacto directo con menores.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/02/2019