CRTVG

Buscar

Segundo unha investigación da CNN, A China maquillou as cifras no gromo inicial

Publicado o 02/12/2020 08:38

E un ano despois continúan as hipóteses sobre a orixe do coronavirus e sobre a xestión e a transparencia que lle deu A China ao brote inicial na provincia de Hubei.

Segundo a CNN, o goberno chinés reducíu as cifras de infectados e de falecidos no epicentro da pandemia. Non queda claro, segundo a lectura da cadea estadounidense, se debido ao caos inicial e á imposibilidade de comprobación ou a unha acción voluntaria.

Por outra banda a OMS apunta que non forzosamente o virus naceu en Wuhan, que puido estar circulando previamente de xeito silencioso. Este punto parece que o confirma o Instituto Pasteur en París.

Noticias web

02/12/2020