CRTVG

Buscar

Segundo triunfo do Arenteiro na temporada grazas ao solitario gol de Adri Cruz

Publicado o 23/10/2021 21:25

Segundo triunfo do Arenteiro, desta volta ante o filial do Leganés. A primeira ocasión foi para Adri Castro que estrelou o balón no ferro no minuto 3 de encontro.

Renan Zanelli foi outro que puido bater a Víctores, pero disparou alto.

O gol chegou no minuto 22, falta desde a esquerda e no segundo pao aparece Adrián Cruz para anotar o único tanto do partido.

No ecuador do partido outra de Adri Castro, que se vai arriba

Na segunda metade pelexou por unha pelota imposible Raúl Blanco, pero Castro no chega a embocar en liña de gol

E paradón de Diego que puido valer un triunfo. O Arenteiro suma 10 puntos.

Noticias web

23/10/2021