CRTVG

Buscar

Segundo triunfo consecutivo de Jessica Bouzas no Cairo

Publicado o 18/01/2021 16:49

Jessica Bouzas mantén a súa progresión de éxito. A tenista vilagarciá logrou o seu segundo título consecutivo como profesional en Exipto.

Unha semana despois de estrear o seu palmarés no Cairo, Jessica Bouzas, de 18 anos, encadeou o seu segundo triunfo. Nesta ocasión venceu a estadounidense Anastasia Nefodova cun dobre 6-0.

Conseguiu catorce triunfos en quince partidos no último mes. Agora descansará uns días e apunta a un torneo desta categoría profesional en Mallorca. Todo para seguir medrando e mellorar na listaxe da WTA.

Noticias web

18/01/2021