CRTVG

Buscar

Segundo os especialistas médicos, ir votar non supón ningún risco

Publicado o 12/07/2020 08:46

Para votar, xa saben, será obrigatoria a máscara. A Xunta repartiu máis de dous millóns nos colexios electorais, tantas como persoas hai no censo electoral. E tamén distribuíu máis de corenta mil botes de xel hidroalcólico. Preténdese así evitar riscos. Os expertos sanitarios manteñen que é seguro ir votar. 

Preguntámonos se é seguro ir votar... A resposta dánola o doutor Pedro Rascadao, especialista de Medicina Intensiva do Hospital Clínico de Santiago. Insiste na importancia de respectar sempre as medidas de seguridade.

Para os expertos, votar é igual de seguro que ir á compra, á farmacia ou a mercar roupa. Os expertos lémbrannos que non nos queda máis remedio que aprender a convivir co virus e coas medidas de seguridade durante un tempo.

Noticias web

12/07/2020