CRTVG

Buscar

Segundo o Goberno, as comunidades recibirán xa 6.000 millóns de euros e ofrecéuselles a xestión conxunta

Publicado o 03/05/2020 21:41

O Goberno de Pedro Sánchez concretoulles ás comunidades o fondo de liquidez non reembolsable de 16.000 millóns de euros.

"Entregaranse nunha primeira fase 6.000 millóns e noutos dous treitos que estarán dispoñibles na segunda parte do ano", dixo a Ministra de Facenda.

A ministra Montero destacou que da cantidade total, 10.000 millóns destinaranse a gasto sanitario, 1.000 a gasto social e 5.000 para compensar a redución dos ingresos.

Noutra banda, máis política que económica, o ministro Salvador Illa destacou que as medidas de desescalada serán "consensuadas" coas comunidades e ofreceulles a "cogobernación".

Sobre se o Goberno conseguirá que se aprobe no Congreso unha nova prórroga do estado de alarma, os ministros apelaron á responsabilidade e o sentido común dos líderes políticos: "É impensable que non se prorrogue o estado de alarma porque sería como dicir que todo o esforzo previo dos cidadáns non teñen ningún valor", dixo María Jesús Montero.

E engaden, non se podería levar a cabo a fase de desescalada e controlar a mobilidade da poboación, sen o estado de alarma.

Noticias web

03/05/2020