CRTVG

Buscar

Segundo Javier Tebas, presidente da Liga, "as autoridades sanitarias dirán cando empezamos"

Publicado o 18/05/2020 15:21

A volta á competición do fútbol profesional español segue estando moi condicionada polas decisións médicas e a evolución da pandemia do coronavirus.

Segundo Javier Tebas, presidente da Liga "as autoridades sanitarias dirán cando empezamos".

Mentres non se pecha unha data definitiva todos os esforzos da Liga se concentran na preparación dos equipos. Unha orde ministerial ven de autorizar os adestramentos colectivos mesmo para os clubs en territorios en fase 0, caso de Madrid e Barcelona.

A medida que se van achicando as datas para a volta, xogar tamén os luns de cada semana é unha necesidade apremiante que precisa do permiso da Federación.

O fútbol profesional español devece polos novos silencios, as novas imaxes e os novos xestos que deu en ofrecer a Bundesliga esta fin de semana. Un fútbol distinto, espido de alma pero cun mesmo corazón redondo e latexante de coiro.

Noticias web

18/05/2020