CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Segundo dúas enquisas, o 70% dos arxentinos cre que a ex-presidenta Cristina Fernández debería ir presa

Publicado o 04/08/2016 21:27

O 70% dos arxentinos cre que a ex-presidenta Cristina Fernández debería ir presa.

Un estudo deixa patente a caída da popularidade da ex-presidenta arxentina Cristina Fernández tras os escándalos por corrupción que rodean algún dos seus homes de confianza. O 70% dos cidadáns cre que Fernández debería ir presa.

"O interesante neste caso é que, de quen a votaron, o 41% pensa que debería ir presa. Entón atopamos que é moi forte a caída de popularidade que tivo a ex-presidenta".

Mentres, o Goberno de Mauricio Macri mantén un importante nivel de aprobación a pesar do axuste que realizou nas tarifas de luz, gas ou transporte público.

"O 63% da gente sabe que esta medida era inevitable. Sabe que era lóxico que había que aumentar as tarifas".

Os expertos consideran que a opinión sobre Macri mellorará cando se executen os cambios no sistema de Saúde e se pague a débeda cos xubilados que xa anunciou.

"Ambas enquisas analizan dúas das grandes preocupacións dos arxentinos na actualidade: a eiva da corrupción que arrastra a política e a xustiza, e o axuste para estabilizar a economía do país austral".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

04/08/2016