CRTVG

Buscar

Vilalba despide este martes a Mari Carmen, vítima da violencia machista

Publicado o 23/07/2019 17:42

Segundo día de loito oficial en Vilalba polo asasinato de Mari Carmen Vázquez, vítima da violencia machista.

A muller vai ser soterrada hoxe ás seis da tarde no cemiterio de Sancovade. Para esta xornada hai convocadas por toda Galicia máis de trinta concentracións en repulsa do crime, cometido presuntamente pola súa ex-parella.

Mentres, a Policía Xudicial continúa coa investigación e hoxe vai analizar os resultados das autopsias da vítima e do agresor, así como os datos obtidos na inspección ocular para determinar as circunstancias en que se produciu o crime. O presunto autor do asasinato tiña unha orde de afastamento da muller, á que maltrataba psicoloxicamente.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/07/2019