CRTVG

Buscar

Segundo día de cribado masivo en Vigo

Publicado o 22/11/2020 16:37

A área sanitaria suma 80 novos positivos por PCR en 24 horas

A área de Vigo é a que ten máis pacientes con infección activa, aínda que os casos confirmados nas últimas horas baixaron do cento por vez primeira en moitos días. Esta alta incidencia motivou un cribado masivo. O sábado estaban citados 1.000 veciños de Sárdoma e hoxe outros 1.000.

No hospital do Meixoeiro continúa a realización de 2.000 probas PCR a pacientes que teñen o seu médico de familia en Sárdoma. Este é un dos 16 centros de saúde que participan nese cribado masivo que ten como finalidade detectar asintomátcos, dadas as cifras de contaxios en Vigo nas últimas tres semanas.    

Están previstas mil probas neste domingo porque esas son as citas concertadas por SMS. O sábado estaban citadas outras mil persoas pero finalmente fixéronse arredor de 800 PCR aquí no Meixoeiro. Tamén continúan as probas no hospital Álvaro Cunquiero, aínda que aquí acoden aqueles que pertencen á cadea de contactos dun caso positivo. 

Vigo suma nas últimas 24 horas 80 novos contaxios. Se temos en conta as altas agora hai 2.230 casos activos, 68 menos ca onte. Tamén hai máis hospitalizados polo coronavirus, 4 máis. Así suman 67 persoas. Nos coidados intensivos seguen 25 persoas, os mesmos que hai 24 horas. 

 

 

Noticias web

22/11/2020