CRTVG

Buscar

Kim espera en Hanoi a Trump para o segundo cumio Corea do Norte-EUA

Publicado o 26/02/2019 09:00

O presidente dos Estados Unidos, Donald Trump, viaxa nestes momentos cara ao Vietnam para asistir ao seu segundo cumio con Kim Jong-un.

Trump chegará á primeira hora desta tarde á capital vietnamita, onde agarda o líder norcoreano, que chegou a Hanoi despois de percorrer en tren e coche os máis de 4.500 quilómetros que a separan de Pyongyang.

O cumio comezará este mércores cunha cea de traballo e seguirá o xoves cun obxectivo principal a desnuclearización da península coreana para construír unha paz duradeira.

Noticias web

26/02/2019