Segundo ataque do lobo en menos dun mes ás ovellas dun veciño de Celeiro
Publicado o 28/05/2019 16:51
Un veciño de Celeiro denuncia que o lobo lle matou catorce ovellas en pouco máis dun mes.
En total sufriu dous ataques e di que, se segue así, terá que vender todas as pécoras e desfacerse do rabaño.
Este é Antonio e estas son algunhas das súas ovellas; en total ten unhas corenta, pero tenas repartidas por distintos prados, xa que as parcelas son pequenas.
Leva uns doce anos traballando coa res lanar, pero agora anda barallando en se desfacer do rabaño despois de sufrir dous ataques do lobo nunha zona onde nin os máis vellos acordan este animal.
Das ovellas que quedan, dúas andan aínda medio coxas, e Antonio di que unha vez que as toca o lobo xa non recuperan.
Antonio tamén se queixa de que as axudas non cobren as perdas e de que chegan tarde.