CRTVG

Buscar

O Celta causa boas sensacións ante o Lille

Publicado o 28/07/2019 18:18

O técnico, Fran Escribá, pide paciencia con Denis Suárez e di que o equipo necesita un 'extremo puro'

Despois da vitoria ante o Lugo o Celta mídese este serán a un rival que esta temporada vai competir na Champions. Unha boa ocasión para ver como progresa o fútbol dos celestes e se as fichaxes dan un plus de eficacia ao seu xogo. O estadio do Arousa acolle o partido para o que Escribá descarta aos mancados Okay Yukuslu, Rubén Blanco e Hugo Mallo. O Lille, subcampión da liga francesa, será un bo test para os retos do club vigués.

Un Celta máis galego ca nunca ilusiona á afección e tamén aos propios integrantes da canteira. Santi Mina semella estar a gusto a carón de Iago Aspas, e Denis Suárez aspira a coller os galóns do medio campo. O capitán aplaude a operación retorno.

Aidoo e Araújo, que veñen de disputar a Copa África e a Copa de Ouro, respectivamente, non están convocados apra a cita de hoxe. E mentres nos despachos traballan para abrirlle a porta de saída a Emre Mor, Beauveua ou Roncaglia, a chegada doutro retornado Nolito, semella cada vez máis lonxe.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/07/2019