CRTVG

Buscar

Fiscalía, Avogacía do Estado e Vox responden na segunda xornada no xuízo do procés

Publicado o 13/02/2019 10:22

Ás dez da mañá, o Tribunal Supremo retoma o xuízo do 'procés'. Nesta segunda xornada intervirán as acusacións: Fiscalía, Avogacía do Estado e Vox, para responder ás alegacións das defensas. A partir de aí, o tribunal decidirá como resolve as cuestións previas e se se detén o xuízo para analizalas.

O previsible é que a vista continúe e comecen a declarar os acusados. O primeiro será o ex-vicepresidente Oriol Junqueras. Na sesión de onte, as defensas dos 12 líderes independentistas denunciaron que se vulneraron os principios básicos da Constitución cos seus defendidos.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/02/2019