CRTVG

Buscar

Visto para sentenza o xuízo polos incendios de Ribeira no 2013

Publicado o 14/03/2019 13:47

Na sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago, declararou esta mañá o coordinador de Protección Civil de Ribeira. Sobre o acusado dixo que era un bo traballador, pero que nun momento dado xurdiron rumores sobre a súa implicación nos incendios, que lle trasaladou á Policía Autonómica, que investigaba o incendio.

Tamén declarou a persoa que sitúa o acusado traballando con el na granxa de Monte Vixán á hora en que se iniciou o lume. A petición da defensa declararon varias testemuñas que apuntan ao denunciante, outro ex-voluntario de Protección Civil que na actualidade cumpre condena na prisión de Teixeiro como posible autor dos incendios.

Aseguran que esta persoa alardeaba de ser el o que os provocaba e que tras ser expulsado do servizo de Protección Civil dicía que ía ir por eles.
Os peritos que realizaron o informe posterior ao incendio ratificaron o documento no que aseguran que houbo dous incendios diferenciados.

Porén o perito que realizou o informe de danos tomou a extension como un incendio único.

Nas conclusións, o fiscal mantén a petición de 15 anos de cadea para o acusado, así como as indemnizacións por gastos de extinción de 85.000 euros e outros 79.000 euros por danos.
Pola súa parte, a defensa fixo fincapé nas irregularidades no proceso, e en que non existe proba de cargo sobre o acusado, polo que solicta a libre absolución. O xuízo quedou visto para sentenza.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/03/2019