CRTVG

Buscar

Segunda xornada de nervios nos exames de acceso á universidade

Publicado o 13/06/2018 21:12

Volve o sol e volven tamén os exames da ABAU, hoxe é o segundo día das probas do que antes era a selectividade.

Tras as sensacións positivas do primeiro día, 11.500 mozos galegos volven enfrontarse aos nervios, agora xa coas materias optativas que eles escolleron para mellorar as notas finais. Esta tarde foi a quenda de xeografía, física, cultura audiovisual, química e grego. As probas rematarán mañá pola mañá.

A Xunta pon a disposición de todo o alumnado galego un simulador da nota final dos exames da ABAU

Os estudantes galegos xa poden usar un novo simulador para calcular a nota de admisión á universidade.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenacion Universitaria pon a disposición do alumnado, nestes dias en que teñen lugar as probas da ABAU, a antiga selectividade, un simulador ao que todos poden aceder e que permite facer un cálculo da nota da admisión en calquera titulacion das tres universidades do Sistema Universitario Galego. O simulador ao que se pode entrar dende a páxina web da Xunta calcula de forma automática a nota final correspondente con cada grao, sinxelamente os rapaces teñen que engadir as notas dos distintos exames da ABAU e a nota media de bacharelato. Tamén permite selecionar os cinco graos de maior interese para o alumno e diferenciar entre a nota media final e as notas ponderadas correspondentes con cada titulación. Os estudantes xa poden adiantarse un pouco ás datas de admisión na universidade e ver as súas posibilidades grazas a este simulador. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/06/2018