CRTVG

Buscar

Segunda xornada de folga de vixilantes de acceso no aeroporto do Prat

Publicado o 10/08/2019 10:47

O aeroporto do Prat, en Barcelona, afronta hoxe a segunda xornada de folga indefinida dos traballadores encargados dos controis de seguridade. Polo momento nestas primeias horas de sábado, as ringleiras nos accesos á zona de embarque non superan os 20 minutos. Hoxe están programados un milleiro de voos e está previsto que pasen polo aeroporto uns 160 mil viaxeiros.
Onte, a primeira das xornadas de folga, desenvolveuse con normalidade, con tempos de espera semellantes aos de calquera verán, con picos de 40 minutos, aínda que Aena recomenda acudir con antelación.
Os servizos mínimos, fixados nun 90 por cento, cumpríronse. O comité de folga considéraos abusivos.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/08/2019