Segunda xornada da Mostra do Encaixe de Camariñas
O palillar en Camariñas non cesa, e menos en Semana Santa, momento de homenaxe, exhibición e expansión dunha arte en movemento. Momento tamén de renovarse porque o peso do tempo é un reto, 29 xa e cada ano, un paso máis e adiante.
Fíos de algodón orgánico e acetato de celulosa para enciaxar a Mostra co medio ambiente e facela sostible. Innovación e evolución pasan sen medo diante dos ollos das palilleiras, as máis delas veteranas.
A moda fixo do encaixe de Camariñas un nome no mundo, na Mostra os desfiles son diarios, a atracción máxima. Este ano descubriron ademais que a gastronomía, a música, a natureza e mesmo a arquitectura tamén encaixan. E encaixan ben. Vémolo no spot que esta tarde presentaron na Mostra e que xa deixara hai pouco en Fitur unha grande impronta. Non por casualidade nos recordan que en Camariñas "todo encaixa".