CRTVG

Buscar

Os maiores de 80 anos comezan a recibir a segunda dose da vacina

Publicado o 15/03/2021 14:42

Arranca a segunda quenda de vacinación para os maiores de oitenta anos que hai tres semanas recibían a primeira dose da vacina contra a covid-19. A idea, a previsión, é que todo este colectivo de maiores de oitenta anos estea inmunizado con esas dúas doses que precisan a principios do mes de maio.

Antonio é unha das cincuenta persoas maiores de oitenta anos que hoxe recibe a segunda dose da vacina nun de saúde de Ourense. Veñen tranquilos porque, polo xeral, a primeira non lles provocou reacción ningunha.

Os equipos de vacinación puxeron polo de agora a primeira dose da vacina a máis de 60 mil persoas maiores de 80 anos nas últimas tres semanas. Esta segunda dose é o paso definitivo para a súa inmunización.

Irene ten 80 anos, di que o que sente é algo máis de tranquilidade. Para ela e os seus.

A apenas unha semana da inmunización, miran o futuro con algo máis de optimismo.

As autoridades marcan o horizonte do mes de maio como a data en que todo o colectivo podería estar inmunizado. Os maiores de oitenta anos están a recibir a vacina de Pfizer en catrocentos puntos de vacinación espallados polas sete áreas sanitarias de Galicia.

Noticias web

15/03/2021