CRTVG

Buscar

Segunda crise no Goberno municipal de Vilalba no que vai de mandato

Publicado o 14/09/2021 15:14

En Vilalba toca afrontar unha nova crise no Goberno municipal, a segunda no que vai de mandato. A alcaldesa busca outra persoa de confianza ao renunciar o tenente de alcalde. A socialista Elba Veleiro nega discrepancias no seu equipo.

Non é a primeira vez que afronta unha crise. Desde hai un ano goberna en minoría tras romper o pacto cos independentes Vilalba Aberta, que pensan que a nova remodelación afectará os proxectos pendentes.

No Partido Popular, a primeira forza da oposición, esixen que se garanta a gobernabilidade do concello.

A alcaldesa dáse un tempo para afrontar os cambios no Concello. Pero a data limite está a finais de mes no pleno onde se fará efectiva a dimisión do tenente de alcalde.

 

Noticias web

14/09/2021