CRTVG

Buscar

Derrota do Pontevedra e empates do Racing e do Coruxo en Segunda B

Publicado o 21/10/2019 08:25

Pontevedra 2
Xetafe B 3

Tres goles encaixados na primeira media hora condenan o Pontevedra e poñen na picota ao seu adestrador. Lobato cun zurdazo impresionante poñía o un a cero para o Xetafe B. Certificando un comezo desastroso como nos últimos partidos, apenas pasaran vinte minutos cando Hugo Díaz, cabecea ao fondo da rede o segundo gol. E sen tempo para repoñerse o rival, Hugo Duro canea entre a desconcetrada defensa local e anota o terceiro tanto. Repúxose o Pontevedra axiña con este gol de Adighibe. Algo animados pola prota recuepración, Nacho López recurtaba distancias ao fío do descanso. Quedaba todo o segundo tempo para que o Pontevedra mellorara o resultado, pero non foi posible. Álvaro Bustos enviaba ao pao a mellor ocasión para igualar o marcador dez minutos antes do final do partido.


Racing de Ferrol 1
Atlético B 1

Con bronca e polémica arbitral rematou o encontro na Malata, en que o Rácing de Ferrol e o Atlético de Madrid B empataron a 1. Comezaron marcando os locais con gol de Juan Antonio Sánchez, que remata un bo centro de Álex. Seguiu dominando e creando ocasións o Rácing, pero o colexiado anula este gol de Joselu por fóra de xogo xa no segundo tempo. Frustrado o posible dous cero, chegou o empate logrado polos colchoieros. Darío culmina coa testa unha boa xogada pola banda esquerda. Nos minutos finais, a reclamación do Rácing por un posible penalti a Joselu, que o árbitro non sinalou, rematou coa expulsión do adestrador Larraz e tamén a do segundo porteiro. Cabreo na Malata pola actuación do colexiado e os dous puntos que voaron.


Coruxo 1
RM Castela 1

Empate tamén no outro enfrontamento galego-madrileño no campo do Vao. Os pupilos de Raúl golpearon primeiro na meta do Coruxo. Javi Fernández abre o marcador con este bo lanzamento de falta. Houbo que esperar aos minutos finais do partido para ver a reacción dos vigueses. Con dez no campo por expulsión de Yebra, Lucas Puime toca o xusto para anotar o gol do empate no minuto 81. Esta falta cometida por Gila ante a internada de Jusep custoulle a expulsión ao xogador do Castela e supuxo a última ocasión do Coruxo para igualar o encontro, pero Silva enviou o balón moi lonxe do obxectivo.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/10/2019