CRTVG

Buscar

Xornada de chuvia intensa no interior de Lugo e Ourense

Publicado o 17/09/2019 22:40

O interior de Galicia viviu no serán do martes unha situación de meteoroloxía adversa que deixou intensas precipitacións, tanto en forma de choiva como de sarabia, no interior das provincias de Lugo e de Ourense.

A Axencia Estatal de Meteoroloxía elevou o nivel de alerta por tormentas na provincia ourensá, con aviso de nivel laranxa por precipitacións abundantes especialmente na zona sur do territorio, que se estendeu ata o final do día.