CRTVG

Buscar

Seguen no hospital 4 dos 9 feridos no atropelo múltiple de Vigo

Publicado o 11/10/2019 14:45

Continúan hospitalizados 4 dos 9 feridos a causa do atropelo múltiple que tivo lugar o mércores na avenida de Fragoso, en Vigo.

Só un dos dous nenos que foran trasladados ao Hospital Álvaro Cunqueiro permanece ingresado. O pequeno, de dous anos, evoluciona favorablemente do seu traumatismo e non se agardan complicacións. Mentres o bebé, de 9 meses, estivo en observación e xa foi dado de alta.

Outras tres persoas están aínda no hospital Povisa. Unha delas é a muller contra a que impactou no primeiro momento o coche, que se atopa na unidade de coidados intensivos. As outras dúas están en planta e evolucionan ben.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/10/2019