Seguen estancadas as negociacións sobre as cotas pesqueiras
Publicado o 16/12/2020 14:57
O sector pesqueiro galego está pendente de Bruxelas, na segunda xornada de negociacións sobre as cotas de peixe para o ano que vén. España alíase con Francia, Portugal e Italia para tentar amortecer os fortes recortes que propón a Comisión en especies vitais para a nosa frota.
Esta mañá púxose sobre a mesa unha contraproposta, pero que tampouco satisfai os intereses galegos. A conselleira, Rosa Quintana, fai unha valoración "totalmente negativa".
"Do que nos propón a Comisión, só melloramos en catro das catorce especies en que tiñamos proposta de baixada, e esa proposta de mellora que nos poñen aínda é mínima", asegura Quintana.