Seguen en aumento os usuarios de residencias contaxiados, con 50 na DomusVi de Vimianzo
A residencia DomusVi de Vimianzo é a máis afectada de Galicia pola pandemia nestes momentos. Suma este xoves 12 novos casos de covid-19 entre os seus usuarios, o que elevan a un total de 50 os infectados. O gromo rexistrado neste centro de maiores non deixou de medrar nos últimos días e tamén está a afectar os profesionais. Son xa 15 os traballadores contaxiados, seis máis ca a xornada anterior.
Outro dos gromos que elevou o seu cómputo de casos é o rexistrado na residencia San Bartolomeu de Xove. Aquí hai 16 usuarios contaxiados, 11 deles detectados nas últimas 24 horas. E aos que hai que engadir os 10 positivos detectados entre o personal que traballa neste centro do municipio da Mariña luguesa.
Segundo os datos facilitados pola Xunta, nas últimas 24 horas rexistrouse unha nova morte entre os residentes nun centro de maiores. O total de falecementos vencellados a centros residenciais supera así en Galicia os 575.
O empeoramento das cifras de contaxios nas residencias galegas deixa un balance total nestes momentos de 123 positivos entre os usuarios de residencias e 109 casos entre os profesionais destes centros.