CRTVG

Buscar

Seguen baixando na China os mortos con coronavirus

Publicado o 07/03/2020 05:15
Seguen baixando na China os mortos con coronavirus

Nas últimas horas faleceron 28 persoas na China con coronavirus e houbo un cento de diagnosticados. Son as cifras máis baixas do último mes e medio. Todos os falecementos se produciron na provincia de Hubei, o epicentro do andazo e que ten varias cidades en corentena. Ata o de agora contabilízanse 3.070 mortos e máis de oitenta mil contaxios no país asiático. As autoridades sanitarias realizaron seguimento médico a case setecentas mil persoas.


Nos últimos días o goberno chinés adoptou medidas adicionais para previr contaxios a través de persoas procedentes doutros países.