CRTVG

Buscar

Seguen as viaxes ao Parque Nacional das Illas Atlánticas en setembro

Publicado o 03/09/2021 14:10

As doce e cuarto é hora punta nos peiraos de pasaxe vigueses. Saen os barcos cara a Ons e ás Cíes. Unha experiencia máis tranquila, sosegada e barata que nos meses centrais do verán. Mesmo os nenos, ata doce anos, viaxarán de balde desde o luns.

Menos colas, menos tempos de espera e ter as illas case para nós son as vantaxes das viaxes en setembro, en que continúan os grandes atractivos do parque nacional.

En setembro tamén haberá viaxes guiadas a San Simón os sábados pola tarde; e hoxe mesmo, moitos gozarán dunha experiencia Starlight vendo as constelacións a carón das Cíes ata as dúas da mañá a bordo dun dos barcos que fan as viaxes ás illas.

Noticias web

03/09/2021