CRTVG

Buscar

Seguen as protestas en Francia contra a reforma das pensións

Publicado o 17/12/2019 19:28

Terceiro día de mobilizacións en Francia contra a reforma das pensións que prepara o goberno de Emmanuel Macron. Por primeira vez nunha década, os cinco principais sindicatos franceses saíron xuntos á rúa.

Segundo o ministerio do Interior, 615.000 persoas se manifestaron en todo o país, cifra que os sindicatos elevan a un millón oitocentas mil. Ademais, continuaron por décimo terceiro día os paros nos transportes e na educación.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/12/2019