CRTVG

Buscar

Seguen as conversas sobre o futuro de Barreras

Publicado o 21/11/2019 13:47

Son horas cruciais para o futuro de Barreras. Dous meses antes de que o estaleiro entre en concurso de acreedores, o escenario segue aberto e as negociacións entre os accionistas continúan.

Propietarios, empresas auxiliares, bancos, aseguradoras e clientes, sobre todo o principal neste momentos, a navieira Ritz Carlton, estreitan os contactos para dar cunha solución que permita rematar as construcións que están en marcha e a permanencia do estaleiro.

Na última xuntanza entre as partes celebrada en Madrid, a plataforma de auxiliares, Uninaval, volveu sobre a súa proposta de entrar no accionariado a través da capitalización da débeda do estaleiro.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/11/2019