CRTVG

Buscar

Seguen aparecendo cebos con puntas para cans en Ourense

Publicado o 16/05/2019 14:09

A policía de Ourense anda na procura da persoa que deixou en distintas rúas e parques da cidade anacos de comida para cans con alfinetes incrustados. Varios animais chegaron a inxerir os cebos sen que os seus donos se decataran. Os veterinarios advirten do sufrimento e os graves danos que poden provocar nos cans.

Esta veterinaria do barrio da Ponte amosa aínda abraiada o que atoparon hai só uns días no estómago dunha cadela.

Os alfinetes estaban agochados en pedazos de carne cociñada que deixaran no chan nun parque próximo. A medida que avanzan os días, cada vez son máis os veciños que denuncian que atoparon cebos similares. Tamén aquí, no barrio do 21.

Os veterinarios advirten do sufrimento e graves danos que lles pode provocar aos animais a inxestión deste tipo de cebos.

A policía segue a investigar a autoría destes feitos tanto nos barrios ourensáns da Ponte e do 21 como nas beiras do río Miño.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/05/2019