CRTVG

Buscar

Seguen activos os incendios de Monterrei e Viana do Bolo que xa queimaron entre os dous 700 hectáreas

Publicado o 25/07/2020 15:19

Na provincia de Ourense segue activo o incendio forestal na parroquia de Flariz, no Concello de Monterrei, e que segundo as estimacións provicionais de Medio Rural xa quimou unhas 450 hectáreas de monte. A situación 2 pola proximidade ás vivendas quedou xa desactivada e na zona continúa a traballar un amplo despregamento de medios: 11 axentes, 21 brigadas, 18 motobombas, 2 pas, 7 helicópteros e 9 avións, así como efectivos da Unidade Militar de Emerxencias.

Os esforzos para controlar o virulento incendio forestal que comezou onte á tarde na parroquia de Flariz, en Monterrei, concentráronse esta mañá ao carón da aldea de Medeiros.

Unha longa noite de pedra pasaron os veciños da aldea da Salgueira cos lapas ameazando as casas. Pero o amplo despregamento de medios terrestres ata a madrugada conseguiron frealo e a situación 2 xa está desactivada.

Segundo as estimacións provisionais de Medio Rural xa arderon unhas 450 hectáreas, moitos castiñeiros, carballos, piñeiros e tamén viñedos.

Por agora o maior incendio do verán segue activo en Monterrei e tamén está activo desde o xoves o de Viana do Bolo os medios de extinción traballan sen descanso nunha zona de difícil acceso.

Noticias web

25/07/2020