CRTVG

Buscar

Seguen activos catro focos do incendio de Pedrógão Grande, que deixa 62 mortos

Publicado o 19/06/2017 12:05

Dous dos catro focos están cualificados de "extrema violencia" polos bombeiros portugueses. Nas últimas horas puxéronse en alterta varias aldeas do concello de Pedrógrão Grande, ante o temor de que as lapas alcancen as vivendas. Ademais das vítimas mortais, hai 62 feridos, catro deles en estado grave

Seguen activos catro focos do incendio de Pedrógão Grande, que deixa 62 mortos

Portugal continúa hoxe tentanto extinguir o incendio forestal que, polo de agora, segundo as cifras provisionais, deixa 62 mortos e outros tantos feridos. Catro focos estan aínda activos e o número de vítimas aínda podería medrar.

Dos 62 feridos 4 están en estado grave, e os labores de busca de identificación de novas vítimas aínda continúa, aldea por aldea, nas vivendas alcanzadas polo lume. Dos catro frontes do lume aínda activos, dous son cualificados polas autoridades portuguesas como de de "extrema violencia", polo que nas últimas horas se puxeron en alerta varias poboacións. A noite pasada o presidente de Portugal dirixiuse ao país facendo unha chamada á solidariedade e pedindo apoio para os equipos que loitan contra o lume, tras as críticas que se oíron por parte dos veciños sobre a xestión do incendio nas primeiras horas.

Seguen aínda activos catro focos do incendio, dous deles cualificados de "extrema violencia" polas bombeiros portugueses. Nas últimas horas puxéronse en alterta varias aldeas do concello de Pedrógrão Grande, ante o temor de que as lapas alcancen as vivendas. Hoxe volverá ser un día de altas temperaturas na zona, pero haberá que ver o comportamento do vento, que a pasada tarde tivo un papel fundamental á hora de reavivar as lapas en zonas que se crían controladas. Paralelamente aos labores de extinción, díficil é tamen o traballo de busca e identificación de novas vítimas, vivenda por vivenda, nas aldeas afectadas. Dos falecidos ata agora, unha trintena morreron nos seus coches alcanzados polas lapas cando se viron atrapados na estrada entre as localidades de Figueiró dos Vinhos e Castanheira de Pera. Unha das queixas más recorrentes dos veciños, xunto á tardanza dos bombeiros, é que as estradas entre esas poboacións dispersas do centro de Portugal estaban aínda sen cortar cando xa estaban afectadas polo lume.

En apoio a todos aqueles efectivos que loitan contra o lume saíu na súa alocución ao país o presidente portugués.

Marcelo Rebelo de Sousa mostrouse comprensivo con aqueles cidadáns que cren que o lume é un acto de inxustiza contra os portugueses que viven nesa zona do país, en aldeas dispersas e difíciles de protexer dos incendios. Confirmou tamén os tres días de loito no país na honra das vítimas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/06/2017