CRTVG

Buscar

Falecen dúas persoas nunha xornada en que a incidencia da covid-19 dá un respiro

Publicado o 19/12/2020 20:55

• Os casos soben lixeiramente con 5653 (+12) pero baixan os novos contaxios

• Aumentan as infeccións en Santiago (+51), Pontevedra (+28), A Coruña, (+9) e Lugo (+3)

• Baixa a incidencia da covid-19 en Vigo (-55) e Ferrol (-22)

O Sergas notifica que nas últimas horas morreron dúas persoas ingresadas en hospitais galegos con coronavirus. Son un home de 97 que estaba no Hospital de Pontevedra e unha muller de 87 tamén na mesma área sanitaria. Os falecidos desde o comezo da pandemia son asi 1.338 persoas.

Soben os casos activos en Galicia ata os 5.653 (+12). Increméntase así o número de persoas infectadas, o que reafirma o freo na tendencia descendente, aínda que nesta xornada baixa o número de contaxios detectados por PCR, que son 339 (-28). Tamén se reduce a presión asistencial con 281 persoas ingresadas en planta, con 28 persoas menos ca a xornada anterior, aínda que hai un enfermo máis ingresado en UCI con 56 (+1).

Situación por áreas sanitarias

A incidencia da covid-19 sobe nas áreas sanitarias da Coruña, Lugo, Pontevedra e Santiago e redúcese lixeiramente en Ferrol, Ourense e Vigo. Na Coruña hai 870 infeccións activas, 69 contaxios detectados por PCR e 14 ingresados en agudos. En Ferrol son 534 casos activos, con 9 positivos diagnosticados nas útimas horas. En Lugo as infeccións activas son 404, con 32 contaxios en 24 horas.

Na Coruña son 870 os casos, con 69 contaxios diagnosticados por PCR nas últimas horas. En Ourense os casos son 478, con 18 positivos. Na de Pontevedra hai 925 infeccións activas con 62 novos contaxios. En Ferrol son 534 os casos activos con 9 contaxios diagnosticados. En Lugo hai 404 infeccións activas con 32 positivos. En Santiago e a súa área son 1.195 os casos con 74 novos contaxios. Está área coa da Coruña son as únicas que superan esta xornada o milleiro de infeccións activas. En Vigo son 1.247 os casos de coronavirus con 75 novas infeccións diagnosticadas por PCR e con 12 enfermos nas UCI. Os hospitais da Coruña e de Vigo son os que teñen máis enfermos ingresados en agudos.